segunda-feira, maio 29

Curtas na rede: BACK ROOM

Sen pretender facerlle a competencia á Xunta, deixarei por aquí esta curta de Guillem Morales chamada Back Room. Está moi ben, e véndoa pensei que ao mellor algun día me animo a postear as miñas anécdotas nos cuartos escuros do mundo mundial. Mentres tanto a desfrutar do filme...


segunda-feira, maio 15

Centros Quérote, tomade nota



Vídeos coma este demostran o importantes e necesarias que son iniciativas como a de quérote. Estaría ben que os responsábeis destes centros tomasen nota para ter coidado coas exemplificacións...

domingo, maio 14

Amo a... La casa azul


A primeira vez que escoitei o famoso "Amo a Laura" xa me lembraba a La casa azul
e co tempo a sospeita foise confirmando: Guille Milkyway estaba detrás deste novo éxito, co mesmo modus operandi que usara en La casa azul: un grupo inventado, musica pegadiza e uns vídeos chachis protagonizados por uns actores do mais doce e pastel. E mentres el xogaba eu namorábame como un fan...





sexta-feira, maio 12

"Es que había que echarlo, coño"



Non é que sexa fan de Ferando Ónega, pero hoxe gostei do final do seu artigo:

"Ayer se volvió a revelar una figura que el director de escena del PP nunca manda callar, porque es quien mejor agita y provoca: el diputado señor Martínez Pujalte, un auténtico maestro en las artes de la insolencia. Para él no existe reglamento ni llamadas al orden de la presidencia. No es que tenga razón o deje de tenerla. Es que convierte el hemiciclo en una anarquía. Es que parece un perro de Inglaterra ante la imagen del zorro, quizá disfrazado de ministro. Es que se ha convertido en el repelente niño Vicente que no deja hablar al profesor. Es que es una figura sacada de las crónicas donde el alumno solivianta a toda la clase. Es que había que echarlo, coño. Con el reglamento y las normas de urbanidad, había que echarlo. Y el presidente, Manuel Marín, lo echó. Y se fue por los pasillos mascullando la tragedia de esta España: «En este país no hay democracia». Quizá no. Con esas formas de practicarla, no. Para algunos, la democracia consiste en una cacería."

A min, o que máis graza me fai, a parte da pinta do propio Pujalte que é cómica por natureza, e velo a primeira vez que o chaman á orde. De pé, co brazo apoiado en plan taberna falando cunha amiga mentres o señoriño orador fala, e de cando en cando soltando un berrido en plan "Alonso Dimite!" como quen berra no bar "Árbitro penalti!". Despois tamén mola ver como lle vai cambiando a cara e a que se lle queda cando Marín lle le o regulamento. Tal como di Ónega o típico petardo de clase que todos fomos e/ou sofremos no intituto.

Pero o mellor é podermos medir o grau de afinidade dos medios co goberno en función de como editan e presentan nos informativos o video en cuestión. Nuns só sae o momento da expulsión, noutros a primeira chamada e expulsión, e outros inclúen a segunda chamada onde se lle advirte que se segue igual de petardo vai ter que ir darlle a tabarra ao seu estilista. Todo un exemplo. E o Pujalte en plan neno mimoso-caprichoso-enfadado: que no, que no me voy. no te oigo, rebota rebota y en ti esplota, turururururururuuuu. Jo.

quinta-feira, maio 11

Mel, Linds e Gus



Dentro da campaña de promoción de Queer as folk da que falei hai uns dias, hoxe deixo esta imaxe creada por JackMcPhe e tirada máis unha vez de Avenida libertad . Por certo, penso que a que puxen o outro día do condón cuatroº tamén é del. Gosto de ambas e difúndoas porque a mensaxe vai moito máis alá do que a promoción dunha serie.

E para os que non coñezan a Melanie e a Lindsay deixo tamén este pequeno vídeo, ainda que contén informacion visual que vai máis alá da primeira tempada, spoilrers vaia:


quarta-feira, maio 10

Porque temos, porque queremos, porque debemos!



Acabo de ler o manifesto da Mesa co que se convoca unha manifestación o 17 de maio en Santiago de Compostela, ás 12.

A estas alturas xa todos nos decatamos de que o novo goberno non nos vai regalar nada en materia de avances para o galego, se queremos avanzar teremos que seguir na rúa presionando tanto ou máis que co PP. Así de dura é a vida, que máis unha vez nos confirma iso de que grandes esperanzas conducen a grandes frustracións.

Desde aquí quería aportar a miña presiña de area, así que ánimo e agardo atopar alí a un montón de xente. Parece que mesmo hai autobuses para asistir de modo que non valen escusas.

terça-feira, maio 9

Carga policial en Vigo





Desde a distancia chéganme ecos do que está a pasar en Vigo. As noticias e imaxes da carga policial son impresionantes, e máis ben propias do talante do señor Fraga (alias "que pasen los antidisturvios") que do famoso TALANTE ZP. Non coñezo ao Delegado do Goberno en Pontevedra pero vai camiño de se converter no novo Diz Guedes.

Desde aqui a nosa solidariedade e apoio aos folguistas do metal en Vigo.

domingo, maio 7

queer as folk

A xente de Avenida Libertad fai cousas tan bonitas como estas, e son tan boas que mesmo a xente de Cuatroº, a canle que vai emitir a mítica serie Queer as folk (na súa versión norteamericana), ao velas, tiveron a xenial idea de facer unha especie de concurso de ideas para promocionar a serie, como se pode ver aqui . A idea paréceme xenial, e no foro de Avenida Libertad vin cousas ben curiosas, pode que suba algunhas os próximos días.

Por certo, xa vin as cinco primeiras temporadas de QAF e recoméndoas moi vivamente a todas e todos, sobre todo a primeira. Parabéns a Cuatroº por emitila, só espero que o faga nun horario decente (non máis alá das once, vaia).