terça-feira, abril 25

Flipo estes días co tema dos tres lugares. Non me vou extender moito no post, pero o que máis me flipa non é a actitude da Junta de Extremadura, que non a estas alturas xa on soprende a ninguén. A min o que máis me flipa é:
1) a actitude de Touriño, como se a cousa non fose con el (e non vai, pois que lle pode preocupar a el o que é galego ou non e onde se fala, se non lle preocupa fomentar o galego en Galiza que lle vai preocupar fomentalo en Cáceres).

2) por extensión a actitude da Secretaría Xeral, en teoría a encargada de velar pola promoción e defensa do galego no exterior.

3) a actitude da RAG, dos departamentos de galego das Universidades e do ILG, por pór tres exemplos dos máis salientábeis.

Con todo isto non quero dicir que teñan que defender nin apoiar a proposta do BNG, nin moito menos, non entro nese terreo. O que non entendo é como hai un debate na prensa no que se nega que en Cáceres se fale galego e toda esta xente o toma como se fose un problema do BNG que non vai con eles.

O que quero dicir é que é unha pena que toda esta xente non saiba diferenciar o que son cuestións políticas meramente partidarias do que é defender publicamente o idioma galego. Non é unha broma nin unha cuestión menor.

O que pasa é que claro, tampouco imos pedirlle á RAG que se posiciome publicamente a favor do idioma galego, porque por moito que uns progres defendan un suposto cambio de postura e un maior compromiso desta institucións nos últimos tempos non fan máis que tentar lavar a cara para xustificarse por entrar nunha institición á que antes (cando non eran membros) criticaban.