sexta-feira, junho 30

Estrea de QAF

Hoxe estréase, por fin, Queer as folk. A verdade é que estaba algo mosqueado, e bastante decepcionado, con Cuatroº por isto de poñela os venres ás 00.30 (horario no que puñan o porno cando era Canal plus). Obviamente é un horario pésimo tendo en conta que grande parte do seu público potencial non adoita quedar os venres pola noite, e menos no verán, vendo a tele. Mais como me enterei de que cando remate o mundial o pasarán aos martes, despois de Anatomía de Grey, pois xa se me pasou un pouco o enfado e sigo facéndolles publicidade :)

De todas formas, supoño que seguirei fiel á versión orixinal subtitulada que despois de tanto esforzo baixei do emule. Non por unha cuestión purista, nin porque pense que coa dobraxe se perde o 50% da actuación, senón porque me vén moi ben para aprender inglés: sobre todo ese inglés útil que non che ensinan no instituto nen en Home english, como "Do you like rimming?"


sábado, junho 10

I love Billy Wilder


Onte estiven a ver "En bandeja de plata" (tradución sen dúbida curiosa de The fortune cookie) . Foi unha boa oportunidade para reafirmarme no meu amor a Billy Wilder, unha paixón nacida hai anos nunha filmoteca mediterránea. Alén de guións redondos, diálogos impresionantes etc etc, onte quedeime cunha escena antolóxica para a miña particular memoria cinematográfica: o momento no que a ex-muller do protagonista fala con el por teléfono e ao fondo vese tras a cortina a silueta dun home duchándose. Impresionante sutileza.

Mais en fin, para saber en que mundo vivemos é interesante reparar na grella cinematográfica que presentaba onte Cuatroº: En prime time, pelicula super cutre de Jacki Chan, de madrugada, obra mestra de Billy Wilder. O peor é que se supón que a primeira ten máis audiencia que a segunda, e peor aínda é que seguramente é certo. Se isto fose pouco, no medio da peli botaban estes anuncios super cutres, longos e repetitivos típicos da madrugada. Tipo sauna belt ou colchón inchable punchinpun. Que con imaxes e guión de tres minutos fan un anuncio de quince a base de repetir o mesmo unha e outra vez, que para a canción do verán está ben, pero para un anuncio...

En fin, que teño ganas de protestar e protesto.

segunda-feira, junho 5

Projecto Mourente



Unha fin de semana pouco produtiva, reducida a sol, praia, piscina e rapaces guapos, non deu de si máis que para votar polo hit do verán. Unha feliz inicitiva, si señor.

Eu votei por Como os caranguejos, de Projecto Mourente. Sen dúbida a mellor opción polo momento, sobre todo co seu pegadizo inicio: turururu, turururu... Estando Vieiros polo medio, sorprendinme moi gratamente de que non incluísen entre as propostas a hit do verán "Galiza será nación" (que queren, eu sigo traumado polo de Mafumede...), aínda que hai algún tema dentro do concurso que vai por aí...

Porén, do moi recomendábel disco (temos que seguir a lle chamar así?) de Projecto Mourente, que se pode descargar aquí, o tema do que máis gosto é "Mais heteros (que os heterosexuais)". É redondo, á música e ao ritmo únese a súa contundentísima letra queer. Encántame.

A letra vén dicindo así:

MAIS HETEROS (QUE OS HETEROSSEXUAIS).

Quero que construamos a casa de Pin e Pon. Nom repares nos gastos dessa decoraçom. Fim de ano no Rio, páscoa fina em Paris, férias em Santorino, escapada a Berlim. Joguemos aos papás co nosso cão. Traiamos para limpar uma equatoriana ilegal. E que horror essas marginais! Que horror, sempre a protestar! Meu amor, nom somos iguais. Nós somos mais heteros que os heterossexuais. Pluma só para assinarmos cheques no fim do mês. Entendamos só isto: que um só é o que tem. Deixemos o ambiente polos hotéis. Tornemo-nos decentes: somos homes, tenhem-no que ver! E que horror essas marginais! Que horror, sempre a protestar! Meu amor, nom somos iguais. Nós somos mais heteros que os heterossexuais. Sejamos respeitáveis. Para que luitar, se estamos confortáveis? Somos homes, vam-nos aceitar.

sexta-feira, junho 2

Proud



Sen dúbida unha das grandes cualidades de Queer as folk é a súa banda sonora. Alén de ser boísima, todos os temas (sobre todo na primeira temporada) están moi conectados coa trama da serie, moitos mesmo parecen compostos co guión dese capítulo diante. Curiosamente xusto o contrario que moitos vídeos musicais, onde a letra da canción di unha cousa e o vídeo nos conta outra historia totalmente distinta. E aínda que isto último non vén moito a conto, é unha boa excusa para escoitar Proud, un tema que descubrín cando vin o primeiro episodio de Queer as folk e que me encantou. O que nunca vira é este vídeo promocional da primeira temporada da serie en USA, que usa precisamente este tema musical.

A letra é a seguinte:

Proud

I look into the window of my mind
Reflections of the fears I know I've left behind
I step out of the ordinary
I can feel my soul ascending
I am on my way
Can't stop me now
And you can do the same

What have you done today to make you feel proud?
It's never too late to try
What have you done today to make you feel proud?
You could be so many people
If you make that break for freedom
What have you done today to make you feel proud?

Still so many answers I don't know
Realise that to question is how we grow
So I step out of the ordinary
I can feel my soul ascending
I am on my way
Can't stop me now
And you can do the same

What have you done today to make you feel proud?
It's never too late to try
What have you done today to make you feel proud?
You could be so many people
If you make that break for freedom
What have you done today to make you feel proud?

We need a change
Do it today
I can feel my spirit rising
We need a change
So do it today
'Cause I can see a clear horizon

What have you done today to make you feel proud?
So what have you done today to make you feel proud?
'Cause you could be so many people
If you make that break for freedom
So what have you done today to make you feel proud?
What have you done today to make you feel proud?
What have you done today
You could be so many people?
Just make that break for freedom
So what have you done today to make you feel proud?

quinta-feira, junho 1

Rajoy tamén ve QAF...

Lembran a campaña electoral de Mariano Rajoy? a laranxa? O cambio de imaxe corporativa do PP? Lembran iso de que o laranxa é o novo azul? Naquel momento xa dixera eu que tirara a idea de Queer as folk
Aquí está, en exclusiva, o documento que o demostra:



Saberao Jiménez Losantos? Será por iso polo que o chama "Maricomplejines"? Por non recoñecer as súas fontes...? Seguiremos investigando.