segunda-feira, junho 5

Projecto Mourente



Unha fin de semana pouco produtiva, reducida a sol, praia, piscina e rapaces guapos, non deu de si máis que para votar polo hit do verán. Unha feliz inicitiva, si señor.

Eu votei por Como os caranguejos, de Projecto Mourente. Sen dúbida a mellor opción polo momento, sobre todo co seu pegadizo inicio: turururu, turururu... Estando Vieiros polo medio, sorprendinme moi gratamente de que non incluísen entre as propostas a hit do verán "Galiza será nación" (que queren, eu sigo traumado polo de Mafumede...), aínda que hai algún tema dentro do concurso que vai por aí...

Porén, do moi recomendábel disco (temos que seguir a lle chamar así?) de Projecto Mourente, que se pode descargar aquí, o tema do que máis gosto é "Mais heteros (que os heterosexuais)". É redondo, á música e ao ritmo únese a súa contundentísima letra queer. Encántame.

A letra vén dicindo así:

MAIS HETEROS (QUE OS HETEROSSEXUAIS).

Quero que construamos a casa de Pin e Pon. Nom repares nos gastos dessa decoraçom. Fim de ano no Rio, páscoa fina em Paris, férias em Santorino, escapada a Berlim. Joguemos aos papás co nosso cão. Traiamos para limpar uma equatoriana ilegal. E que horror essas marginais! Que horror, sempre a protestar! Meu amor, nom somos iguais. Nós somos mais heteros que os heterossexuais. Pluma só para assinarmos cheques no fim do mês. Entendamos só isto: que um só é o que tem. Deixemos o ambiente polos hotéis. Tornemo-nos decentes: somos homes, tenhem-no que ver! E que horror essas marginais! Que horror, sempre a protestar! Meu amor, nom somos iguais. Nós somos mais heteros que os heterossexuais. Sejamos respeitáveis. Para que luitar, se estamos confortáveis? Somos homes, vam-nos aceitar.

3 comentários:

Anónimo disse...

Que gran "disco" o de Projecto Mourente! Aínda que "Como os caranguejos" non sexa a miña favorita... de entre as do ghit prefiro "Sandra Dee" que é moito máis contundente.

Anónimo disse...

Aceptamos "Sandra Dee", aínda que é máis para todo o ano que canción do verán. Eu mentres non gañe a do iogurte de fresa serei feliz.

Plattdorf disse...

"Mais heteros" é grandísima.

Pero eu, que son moi petardo, preferín desde o principio "Que me enterrem na discoteca".