sexta-feira, fevereiro 3

pláteca-introito


Supoño que debería comezar por definirme, por isto de inaugurar o blog. Mais o certo é que non sei facelo, supoño que estou nunha desas encrucilladas identitarias das novelas. Bon, tentarei ser sintético:

Eu de pequeno ía para intelectual do grupo Prisa: pasei a adolescencia escoitando Silvio Rodríguez e lendo literatura hispanoamericana, interiorizando libros como La casa de los espíritus de Isabel Allende. Nun momento do camiño cruzouse na miña vida O crepúsculo e as formigas e a partir de aí acabei facendo playbacks de Malena Gracia nun bar gai de Compostela.