sábado, junho 10

I love Billy Wilder


Onte estiven a ver "En bandeja de plata" (tradución sen dúbida curiosa de The fortune cookie) . Foi unha boa oportunidade para reafirmarme no meu amor a Billy Wilder, unha paixón nacida hai anos nunha filmoteca mediterránea. Alén de guións redondos, diálogos impresionantes etc etc, onte quedeime cunha escena antolóxica para a miña particular memoria cinematográfica: o momento no que a ex-muller do protagonista fala con el por teléfono e ao fondo vese tras a cortina a silueta dun home duchándose. Impresionante sutileza.

Mais en fin, para saber en que mundo vivemos é interesante reparar na grella cinematográfica que presentaba onte Cuatroº: En prime time, pelicula super cutre de Jacki Chan, de madrugada, obra mestra de Billy Wilder. O peor é que se supón que a primeira ten máis audiencia que a segunda, e peor aínda é que seguramente é certo. Se isto fose pouco, no medio da peli botaban estes anuncios super cutres, longos e repetitivos típicos da madrugada. Tipo sauna belt ou colchón inchable punchinpun. Que con imaxes e guión de tres minutos fan un anuncio de quince a base de repetir o mesmo unha e outra vez, que para a canción do verán está ben, pero para un anuncio...

En fin, que teño ganas de protestar e protesto.

Sem comentários: