domingo, maio 14

Amo a... La casa azul


A primeira vez que escoitei o famoso "Amo a Laura" xa me lembraba a La casa azul
e co tempo a sospeita foise confirmando: Guille Milkyway estaba detrás deste novo éxito, co mesmo modus operandi que usara en La casa azul: un grupo inventado, musica pegadiza e uns vídeos chachis protagonizados por uns actores do mais doce e pastel. E mentres el xogaba eu namorábame como un fan...





4 comentários:

Anónimo disse...

este sábado estiven en pamplona vendo en directo a La Casa Azul (é dicir a Guille) e foi impresionante! Menudo concerto! É unha mágoa que ninguén se anime a contratalo por Galicia! Somos tercermundistas musicais!

Anónimo disse...

Vaia, eu teño bastantes ganas de velo en directo, ainda que tería máis graza se viñesen tamén os do grupo, ainda que fose só para facer o paripé :). Teño entendido que se pensou en traelo para o Día do Orgullo Gai, ainda que finalmente se decidiron por Astrud. Podemos facer campaña para que o traian o ano próximo :)

Anónimo disse...

definitivamente deberían traer a la casa azul, pois astrud xa tocou hai nada en tres sitios de Galicia, aínda que eu de ver a manolo e a genís non me canso nunca!

Anónimo disse...

por certo, no curruncho de myspace da discográfica de La Casa Azul pódese escoitar a primeira canción do seu próximo disco...