domingo, maio 7

queer as folk

A xente de Avenida Libertad fai cousas tan bonitas como estas, e son tan boas que mesmo a xente de Cuatroº, a canle que vai emitir a mítica serie Queer as folk (na súa versión norteamericana), ao velas, tiveron a xenial idea de facer unha especie de concurso de ideas para promocionar a serie, como se pode ver aqui . A idea paréceme xenial, e no foro de Avenida Libertad vin cousas ben curiosas, pode que suba algunhas os próximos días.

Por certo, xa vin as cinco primeiras temporadas de QAF e recoméndoas moi vivamente a todas e todos, sobre todo a primeira. Parabéns a Cuatroº por emitila, só espero que o faga nun horario decente (non máis alá das once, vaia).

3 comentários:

Anónimo disse...

levo tanto tempo escoitando falar ben desta serie que teño moitas ganas de vela, aínda que supoño que a emitiran pasadas as 00:00...

Anónimo disse...

por certo, o que si parece é que a van poñer todos os días laborables...

toxonocú disse...

Non mo parece, porque se o poñen cinco días á semana non lles chega unha temporada para cada mes...